ArteCreatividadTaller

Obradoiro fotográfico de xénero e (auto)representación

By 01/03/2017 No Comments

Obradoiro fotográfico de xénero e (auto)representación. Creación, producción e revelado en cianotipo

Vivimos nun mundo repleto de imaxes e, diariamente, con algún dispositivo de captura – que sempre temos a man– obtemos un rexistro precario e urxente de nosa cotidianeidade.
A fotografía, como técnica e coma linguaxe, é unha poderosa ferramenta para aprender a ollar e a cuestionar o que vemos, sobre cómo nos ven e sobre a (auto)representación da identidade e o
xénero.
Neste obradoiro de tres días, falaremos de selfies, iconos, pop-stars e retratos, tomaremos fotos e acabaremos revelando en cianotipo e outras técnicas históricas caseras faremos as nosas propias fotos.
Inscricións e info en: ask@offmuseum.com
Dirixido a:
Calquera persoa interesada en xénero, identidade, corpo político e na fotografía en xeral, en procesos creativos e/ou na linguaxe visual. Non é necesario ter coñecementos de fotografía e de telos, vas a aprender igual.

Programa:
Trátase dun obradoiro práctico e teórico intensivo de tres días:

– Venres 17 marzo: Historia brevísima de xenero na arte. Retrato, auto-retrato e representación. De 18:00h a 21:00h (3h)

– Sabado 18 marzo: Toma fotográfica. Impresión. Técnicas de revelado manual históricas. Cianotipo. De 10h a 14h e de 16h a 20h (8h)

– Domingo 19 de marzo: Edición e análise das fotografías e traballos realizados. Visionado de obra doutras autoras e intercambio de fotos. De 11h a 13h (2h)

 

Necesidades Técnicas:
O aparato de captura que queiras: móbil cámara, reflex… Non é necesario ter unha super cámara. Haberá duas cámaras dixitais extra para que as precise. Todos os materiais de laboratorio están incluídos.
Lugar:
Edificio do CEM da Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
 

Prezo

45€ Todos os materiais incluídos, impresión, revelado e fotografías. Os e as coworkers do CEM da Cidade da Cultura terán un desconto de 5€.

 

Prazas limitadas:

10

Docentes
Rodrigo Roger, fotógrafo, docente e fundador-xerente dende hai xa 15 anos do espacio de creación, formación e exposición de fotografía e artes visuais Zona Roja. Espacio Fotográfico, con sede en Rosario (Argentina). Rodrigo ha impartido cursos de técnicas de revelado del siglo XIX y XX en Bélgica, Francia y España.
Desirée Vidal Juncal, historiadora da arte, fundadora-xerente de Offmuseum.

Taller de Procesos de Revelado Históricos de Rodrigo Roger en Bruselas

Cianotipos en proceso

Cianotipo revelado

Miguel Trillo

Miguel Trillo

Archivo de la Memoria Trans. M.A.F.I.A.

Ceci Estalles

Ceci Estalles

Newsletter

Stay in the know! Be the first to hear about all the latest activities, events, offers and news

All rights reserved Salient.

Uso de cookies Más información

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.

Cerrar